Reducir os automóbiles polo centro, principal obxectivo do plan de mobilidade

    mobilidade_copia100.jpgVILAGARCÍA> Propostas que melloren a accesibilidade e a mobilidade é o contido do plan urban de Arousa 21, que se presentou esta mañá no concello.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_MOBILIDADE_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Un dos obxectivos máis importantes e que concentra gran parte do esforzo das actuacións, é a redución do uso do automóbil polo casco urbano. Dende o concello, considérase que a presenza de coches é excesiva, por iso o novo plan busca priorizar ó peón no uso da vía pública.

    Este é só un dos 14 puntos que se recollen no proxecto. Outro dos fins das medidas é redistribuír as zonas de aparcadoiros. Segundo o plan, quedarían dous círculos: un gratuíto e destinado ós visitantes, ás aforas da cidade; e outro máis inmediato no que se priorizaría ós residentes. A mellora do transporte público tamén é outro dos obxectivos.

    O plan presentouse hoxe ó resto da corporación, pero dende o goberno xa resaltan a súa importancia.

    Ademais de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, as medidas tamén conseguirían unha mellora medioambiental, xa que, segundo estimacións do estudo, aforraríanse 7 toneladas de CO2 cada día.

    Redacción Salnés