O PSOE acusa a Fole de cometer eutanasia ecolóxica

    VILAGARCIA> Os socialistas de Vilagarcía veñen de pronunciarse en contra da tala de árbores que ven de acometer o goberno local na Praia…

    {flowplayer}images/salnes/psoe_vilagarcia_160412.flv{/flowplayer}

    … da Compostela. Desde o PSOE desconfian en que o estado das árbores fosen para tanto e denuncian o feito como unha eutanasia ecolóxica. Desde o PSOE vilagarcián cren que esta acción só persegue crear unhas quince prazas de aparcamento neste entorno da Praia, unha solución que podería ser abordada doutras moitas maneiras, sen ter que sacrificar parte do entorno natural.

    Os socialistas amósanse partidarios de traballar de xeito conxunto para propoñer outras alternativas que doten ó núcleo urbano dun maior espazo para aparcar. O recinto feiral de Fexdega ou outras rúas do centro poden supoñer serias alternativas.

    A equipa socialista vilagarciá criticou tamén a forma de actuar do alcalde trala celebración da Arousa Fútbol Sete, onde anunciou a bombo e platillo que ía a retirar as multas impostas ós que aparcarán mal nas inmediacións do recinto feiral. Unha actuación dubidosa e impropia dun rexedor, en verbas dos socialistas.

    Redacción Salnés