Miles de persoas acuden a San Gregorio para probalo bolo de pascua

    bolo_xigante_paradelacopy.jpgMEIS> A pesares de que choiva fixo a súa aparición, non impediu que veciños da comarca e arredores se achegasen ata a romaría.

    {flowplayer}images/salnes/BOLO_PARADELA_160412.flv{/flowplayer}

    Pasadas as doce e media do mediodía facía a súa entrada no campo das festas de A Boca, en Paradela, Meis, o xigante bolo de Pascua que como cada ano se ofrece a San Gregorio nas festas organizadas na súa honra.

    Miles de persoas da comarca e arredores non quixeron perder esta tradicional cita a pesares de que en varias ocasións a choiva fixo a súa aparición. Uns para pedirlle ó santo, outros para pasar un día de festa.

    Trala misa campestre e a procesión, todos aqueles que o desexaron puideron degustalo bolo feito cuns seis mil ovos, acompañado cunha ración de churrasco e este ano, coma novidade, xunto a viño albariño. Todo por tres euros. E segundo os que optaron por quedarse a comer neste campo das festas, a calidade/prezo quedou demostrada.

    Finalmente, balance positivo. Grazas, en parte, ó traballo feito polas persoas que colaboraron desinteresadamente na organización da festa.

    A romaría estivo complementada cunha exposición organizada polas Mulleres Rurais de Paradela que acolleu o centro social Manuel Pesqueira.

    Redacción Salnés