Pelotas contra as malas posturas

    MEAÑO> No Instituto de Meaño, ademais de ensinar materia, ensínanse hábitos saudables. Ademais dos bos usos alimentarios, este curso en dúas clases as cadeiras substitúense por pelotas. Un asento curioso pero que axuda a corrixir as malas posturas.

    Costas rectas, pés apoiados no chan e xeonllos ó mesmo nivel. Esta é, segundo os expertos, a postura correcta para sentarse. Algo do que saben moito os alumnos do instituto de Meaño.

    Dende hai uns meses, nesta clase non hai cadeiras.

    A idea parte do departamento de Educación Física en colaboración coa coordinadora do Plan Valora. Aquí é orixinal, pero fóra das nosas fronteiras a súa efectividade está probada.

    E aínda que ó principio manter o equilibrio non é tarea fácil…

    Como todo nesta vida, é só cuestión de práctica.

    Tanto é así que algúns xa se fixeron ilusións.

    En principio, os rapaces de 1º A e 1ºB xa despediron as súas cadeiras ata finais de curso. Pero non só os alumnos; os profesores tamén predican co exemplo.

    Esta non é unha iniciativa illada. Radio escolar, coidar o medioambiente  ou potenciar bos hábitos alimentarios dende a cafetería, son o día a día do instituto de Meaño. Un centro no que, ademais de materias, os bos hábitos son parte do programa. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/28/sillas_ies_meano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/28/sillas_ies_meano.mp4{/flowplayer}