Cambados acolle a expertos en cooperación transfronteiriza

    363

    CAMBADOS> A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal foi a primeira en crearse na Península Ibérica a finais do 2008. Desde aquela e ata hoxe…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_seminario_13042012.flv{/flowplayer}

    … constituíronse unhas tres rexións tranfronteirizas que acaparan gran parte do esforzo inversor da Unión Europea que aposta pola eliminación das fronteiras a tódolos niveis.

    Precisamente, este Seminario Internacional sobre Cooperación Territorial Transfronteiriza ven a afondar no coñecemento teórico das accións desenvolvidas neste eido nas Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial que abranguen alomenos parte de territorio español; ó tempo que se definen a folla de ruta a seguir polas mesmas dentro do marco normativo e financeiro 2014-2020 da Unión Europea.

    Esta reunión de expertos universitarios, dirixida polos doutores Celso Cancela Outeda e Álvaro Xosé López Mira, interviñeron poñentes da Universidade de Vigo, da Autonóma de Barcelona e da do Minho en Portugal.

    Redacción Salnés

    COMPARTIR