Cela asegura que ninguén quere ocupar a praza de pediatría no concello de Moraña

MORAÑA> O Sergas garante a atención de pediatría no Concello de Moraña. O xerente da área sanitaria mantivo unha reunión cos alcaldes desa localidade e Cuntis no que lles trasladou o compromiso de repoñe-lo servizo en canto sexa posible. Segundo argumentan dende o Servizo Galego de Saúde, non hai ningún facultativo que queira esa praza.

O Sergas comprométese a repoñe-lo servizo de pediatría compartido nos centros de Moraña e Cuntis. O problema é saber cando. O xerente da área sanitaria mantivo un encontro cos alcaldes deses dous concellos para trasladarlle a intención do Servizo Galego de Saúde de arranxalo canto antes, pero ningún facultativo quere esa praza.

Ante esta situación, o Sergas está buscando un novo parche temporal para alivia-lo problema.

O que di o alcalde de Moraña que non serve para nada son as mobilizacións, referíndose á convocada onte ás portas do propio centro de saúde polo BNG e o PSdeG. Di que o importante é traballar para solucionalo.

Moraña e Cuntis atópanse nesta situación dende que a pediatra que había elixiu un novo destino. A día de hoxe, a rapazada destes dous municipios que desprazar a Caldas para ser atendido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí