SALNES> Con menos incidencia que A Illa, tamén ascenderán ao nivel alto de restricións Vilagarcía, Cambados e Vilanova. Dende os municipios mostran a súa preocupación especialmente polo sector hostaleiro. Agardan que a Xunta modifique as restricións e sexa máis permisiva coa hostalería.
Os municipios de Vilagarcía, Cambados e Vilanova xunto coa Illa accederán ao nivel alto de restricións sanitarias. As vilas presentan un elevado número de casos activos: 98 en Vilagarcía, 47 en Cambados e 41 en Vilanova. Este nivel de restricións afecta principalmente a hostalería pero dende os concellos piden á xunta que rebaixe as medidas.
Dende os concellos están pendentes da publicación do Doga para coñecer se se reducen as restricións. Consideran que na actualidade a hostalería é parte da solución.
As restricións supoñen unha xerra de auga fría para os concellos en pleno verán. Temen as consecuencias que poidan ter para o turismo.
Pendentes da nova situación, dende os concellos descoñecen se a normativa lles permitirá realizar as diferentes festas locais.
A xunta publicará mañá no Doga as medidas definitiva que entrarán en vigor o vindeiro sábado ás 00 horas. Ademais dende a consellería tamén levarán a cabo diferentes cribados entre a poboación de 20 a 39 anos para detectar todos os casos asintomáticos.