Zona Aberta sortea 300 euros na campaña do Día da Nai

    campana_nai_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A Asociación de Comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía premiará a unha mamá con 300 euros en vales de compra, …

    {flowplayer}images/salnes/campana_nai_zona_aberta_230412.flv{/flowplayer}

    … dentro da nova campaña do Día da Nai, que este ano cadra no domingo 6 de maio.

    A partir de mañá os establecementos asociados repartirán entre os seus clientes 23 mil boletos que deberán cubrirse cos datos dunha nai. Unha campaña que busca incentivar as compras no pequeno comercio, ó tempo que se premia a fidelidade do cliente.

    O sorteo dos vales compra farase o 7 de maio ás oito e media da tarde na sede de Zona Aberta e a premiada deberá acreditar co libro de familia que é nai para recoller o premio.

    Amais desto, Zona Aberta volverá a obsequiar cunha pequena canastra á primeira muller que dea a luz no Hospital do Salnés o día da Nai.

    Redacción Salnés