Manuel Vázquez, padriño da quinta edición do EncestaRías de Vilagarcía

 

VILAGARCÍA> O baloncesto tomará Vilagarcía nesta vindeira fin de semana. Xa está aquí unha nova edición do EncestaRías. O torneu reúne na cidade a tres equipos da ACB, entre eles o Obradoiro. Como convidado internacional, o Alba de Berlín, que competirá este ano na Euroliga. Manuel Vázquez, o que fora presidente do Inelga, será este ano o padriño do evento.

A paixón dos vilagarciáns polo baloncesto non é algo novo. Boa mostra desa afección atopámola no EncestaRías, un torneo que suma este ano a súa quinta edición, consolidado como un referente a tódolos niveis.

Este ano, o terneo reúne na cidade a tres equipos da ACB. O máis salientable, o Obradoiro, o único dos combinados galegos de primeira categoría. Canda os composteláns, visitarán Vilagarcía o San Pablo Burgos e o Betis. Á cita súmase tamén un convidado internacional, o Alba de Berlín, que este ano vai competir contra os mellores equipos do continente na Euroliga.

E todo isto, cun padriño de excepción. Manuel Vázquez, o que fora presidente do Club Inelga e que  35 anos adicándose ó mundo do básket.

Impulsado pola asociación EncestaRías, o torneo atraer a ducias de amantes deste deporte. Dende o Concello, que colaboran coa iniciativa, felicitan ós seus organizadores polo traballo feito ata o de agora. O alcalde aproveita para convidar a todo o mundo a esta quinta edición do EncestaRías.

O torneo celebrarase entre este venres e sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí