Chega a XVI Concentración de clásicos do Albariño a Cambados

CAMBADOS> O domingo a praza de Fefiñáns en Cambados será testemuña da XVI Concentración do Albariño. Unha xuntanza de coches clásicos que reunirá na vila a máis de 200 participantes e un centenar de vehículos.
Un paseo en catamarán, un percorrido pola contorna e os seus maravillosos paraxes, así como unha visita a unha conserveira artesanal, son tan só algúns dos plans que inclúen esta velada de domingo, na que poderán ver vehículos como un Rolls Royce ou un algún modelo americano.
As verificacións dos vehículos terán lugar na Praza de Fefiñáns a partir das 9 horas para continuar coa ruta ás 11.30 nun percorrido urbano.