O Jazz, a agastronomía e a contorna combinarán para no VIII Armenteira Jazz

MEIS> Gozar de música jazz nunha contorna fermosa e tranquila. Esa é a oferta que presenta a VII Arementeira Jazz para gozar do seu evento. Do 14 ao 16 de xuño, actuarán na praza do Vilar importantes artistas internacionais deste xénero musical.

Os amantes do Jazz teñen unha cita de primeiro nivel na comarca do Salnés grazas á celebración da Armenteira Jazz. Nesta oitava edición, o festival celebrarase do 14 ao 16 de xullo. O sábado actuará Jens Larsen. 

O día 15 actuarán Pablo Castaño e Marcos Pin.

O domingo será  a quenda de Brassatlantic.

Dende o festival destacan que o Armenteira Jazz permite á xente gozar de música de primeiro nivel nunha contorna bonita e tranquila, a diferencia do que ocorre nos grandes festivais.

Precisamente, estas peculiaridades son as que destacan tamén dende o concello para invitar a toda a veciñanza da comarca e arredores a achegar á Armenteira.

O festival completarase tamén coas Jam sessions, que estarán abertas a todos os amantes deste xénero musical. Terán lugar tanto o sábado como o domingo a partir das 23:30.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí