Vieiras con laranxa e ensalada mariñeira no CEIP de Nantes

    fotonantescopia.jpgSANXENXO> Achegar os produtos do mar ós máis cativos. Este é obxectivo das xornadas que se están a levar a cabo no colexio de Nantes.

    {flowplayer}images/salnes/ReceitasColeNantes.flv{/flowplayer}

    Dun xeito diferente e divertido, estes rapaces do CEIP de Nantes, en Sanxenxo, achegáronse ós produtos do mar. Os mexillóns, os berberechos e as vieiras foron os protagonistas nestas xornadas, que tiñan como obxectivo transmitirlle ós máis cativos a importancia de consumir produtos nutritivos e de calidade. Máis aínda cando os temos tan preto.

    Ademais de cociñalas, e aprender novas receitas. Tamén coñeceron estes pequenos cociñeiros, o proceso de evisceración polo que teñen que pasar as vieiras para poder consumilas.

    Vieiras preparadas con laranxa, que foron todo un éxito tanto entre os rapaces como entre os profesores. Sinxelas tamén as ensaladas, ademais cada un puido facela ó seu gusto. T

    Xa pasaron pos este obradoiro preto de corenta rapaces, e a vindeira semana estenderase tamén ó resto dos rapaces do centro, de entre 3 e 12 anos.

    Redacción Salnés