Cinco claves para o éxito financeiro en Vilagarcía o vindeiro xoves

    VILAGARCÍA> Se queren aforrar en non saben como facelo, este xoves celebrarase unha charla coloquio baixo o título “cinco claves para o éxito” no Auditorio de Vilagarcía. Aforrar, garantir a xubilación ou os estudos dos nosos fillos son só algunhas das inquedanzas da poboación hoxe en día. Pois ben, para todos aqueles que queiran coñecer as “Cinco claves para o éxito financeiro” só teñen que acudir o Auditorio de Vilagarcía. O seminario 1 do edificio municipal acollerá esta charla coloquio impartida pola economista Patricia Roldán. Mellorar as decisións financeiras, aforrar ou cancelar débedas pendentes son só algunhas das estratexias nas que se pretende traballar nesta iniciativa, que é de balde, e na que se queren asistir, deberán inscribirse no facebook de Patricia Roldán Asesora ou no teléfono 677457870.