O II concurso de Poesía Xaquina Trillo ábrese ao alumnado de bacharelato de toda Galicia

VILAGARCÍA> Vilagarcía presenta a segunda edición do concurso de poesía Xaquina Trillo. O certame está destinado aos escolares de bacharelato de toda Galicia. Os tres primeiros recibirán varios premios e ademais os seus poemas serán publicados en diferentes plataformas e revistas.

O concello de Vilagarcía e a asociación Mesa das Verbas poñen en valor a poesía en galego e a figura da poeta Xaquina Trillo co seu concurso de poesía. Ambas entidades presentaron a segunda edición deste certame que estará destinado aos nenos e nenas de bacharelato de toda Galicia.

Os tres primeiros recibirán numerosos premios: Unha axuda económica, outra en vales compra, un diploma e outros agasallos. Ademais os seus poemas serán publicados en diferentes plataformas e revistas.

O concello colabora con este concurso que tivo unha gran acollida o ano pasado con 26 poemas presentados.

Os interesados en participar poden enviar os seus poemas ata o 30 de novembro. O punto de recollida é o centro comercial Arousa. Os que queiran participar poden depositar alí os seus poemas ou envialos por correo postal. Todo será de forma anónima es os gañadores se coñecerán a principios do vindeiro ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí