Doces por Haití

    haiti_100_090210_copia.jpgVILAGARCÍA> Nenos, pais e mestres do CEIP A Escardia venderon postres caseiros para recadar fondos para os damnificados do país caribeño.

    {flowplayer}images/salnes/090210_acto_por_haiti.flv{/flowplayer}

    En tempos de desastres medio ambientais ou ante situacións de extrema pobreza, moitas veces son os máis cativos os que dan á poboación toda unha lección de solidariedade. E para mostra, a iniciativa dos rapaces de A Escardia. Coa axuda dos seus pais e dos mestres metéronse na cociña para elaborar estes suculentos doces que se podían mercar por cincuenta céntimos á porta do colexio. Filloas, orellas e pasteis para todos, incluso para celíacos.

    A iniciativa ocorréuselle ós profesores do centro, mentres estudaban a devastación que o terremoto do pasado 12 de xaneiro deixou na capital de Haití, Puerto Príncipe. Pensaron como podían axudar ós seus habitantes dunha forma na que colaborase toda a comunidade educativa.

    O certo é que todos teñen claro o porqué desta iniciativa. Desde os mais pequenos de tres anos ata os rapaces de sexto de primaria. Todo o diñeiro que conseguiran recadar durante a xornada será entregado a unha ONG infantil a finais desta semana. A organización será a encargada de facer chegar esta axuda ós habitantes de Haití.

    Redacción Salnés