Malestar na comunidade educativa ante a futura reforma académica

    cambiostitulacioneso100.jpgBARBANZA> A reforma académica que está a estudar o goberno podería incluír a obrigatoriedade de aprobar tódalas materias para obter o título da ESO.

    {flowplayer}barbanza/cambiostitulacioneso.flv{/flowplayer}

    Coa actual lexislación educativa, os alumnos de cuarto da ESO poden obter a titulación cun máximo de tres materias suspensas. O marco legal é moi aberto pero cada centro aplica a normativa en base a uns criterios estritos, aprobados polo claustro que pretenden garantir o éxito dos alumnos en estudos superiores.

    É dicir, a titulación depende de se as materias suspensas son instrumentais ou optativas e do seguimento levado a cabo polo alumno en cada unha delas durante o curso.

    A reforma que está a elaborar o goberno, que previsiblemente entraría en vigor a partir do curso 2013-2014, desbotaría a posibilidade de titular sen ter superado tódalas materias.

    Consecuencias negativas

    Para boa parte da comunidade educativa, esta medida podería ter consecuencias negativas xa que daría pé á creación dunha bolsa de alumnos estancados no último curso de secundaria sen posibilidade de proseguir estudos.

    O novo marco educativo incluiría tamén a modificación dos temarios de Educación para a cidadanía e o reforzo das materias instrumentais: lingua, inglés e matemáticas, ante un posible cambio de plans de estudos.

    Redacción Barbanza