![]()
PONTEVEDRA> Cruz Vermella organiza as VII xornadas de convivencia escolar baseadas na Educación para previr a violencia.
A violencia machista é un dos principais males da sociedade do século XXI que provoca ducias de mortes, cada ano, no noso país. A solución a esta situación pasa por unha educación que integre ós homes e mulleres como iguais. Isto é o que propón Cruz Vermella que ven de organizar unhas xornadas de convivencia para previr as conductas agresivas nos rapaces. Hoxe presentouse esta iniciativa na que colabora a Deputación de Pontevedra.
"Educar para previr a violencia". Este é o título das xornadas que se van celebrar nas dependencias da Deputación de Pontevedra, o vindeiro xoves, 22 de outubro, grazas á iniciativa de Cruz Vermella. As xornadas van dirixidas a profesionais relacionados coa educación pero, sobre todo, ós pais. O obxectivo é concienciar a educadores e titores da importancia de educar ós nenos na igualdade, para que rexeiten as conductas violentas. Nas aulas e na casa.
Estas xornadas están enmarcadas dentro do programa que Cruz vermella organiza, dende hai sete anos, e que leva por título “Sen Violencia, convivencia”. Varios monitores, de entre 14 e 30 anos, percorren varios centros de educación secundaria da provincia con actividades educativas dirixidas ós estudiantes.
Os que estean interesados en acudir ás xornadas poden realizar a súa inscrición na sede de Cruz Vermella en calquera das oficinas da provincia. A matrícula é de balde.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/161009_cruz_vermella.flv{/flowplayer}








