OUTES>No pleno do pasado mes de marzo, os votos en contra de PP e BNG e a abstención do PSOE votaron por terra a aprobación dos orzamentos municipais. Daquela, o alcalde xa anunciou que se sometería a unha cuestión de confianza para sacar adiante o documento orzamentario.
Dende o goberno local, entenden que é preciso desbloquear a aprobación dos orzamentos ante as necesidades do concello que leva dous anos cos presupostos prorrogados. Neste 2022, as necesidades son outras polo que consideran prioritario contar cuns orzamentos adaptados á realidade actual.
Haberá que agardar a ver o que acontece no pleno deste xoves pero semella improbable a presentación dunha moción de censura. O BNG xa anunciou que descarta esta posibilidade a pesar de non estar de acordo co método utilizado polo goberno para lograr a aprobación dos orzamentos.
Ademais de acusar ó alcalde de impoñer o seu criterio por acudir á cuestión de confianza para lograr a aprobación dos orzamentos, o BNG cuestiona a súa vontade de diálogo. Acusa ó executivo de levar o documento orzamentario a pleno cando aínda estaba en fase de negociación coa oposición. Algo que desminte o propio alcalde que presentou o proxecto ós grupos tanto nunha reunión conxunta como en xuntanzas individuais con cada un dos partidos para propoñerlle que fixeran chegar as súas achegas ó documento orzamentario.