RIANXO > A Deputación da Coruña subvencionará a instalación dun ascensor no Liceo de Rianxo. Con esta obra axilizarase o traslado do club de xubiliados a este local despois de que tiveran que deixar a súa actual sede, emprazada no baixo da lonxa.
A dotación dun ascensor no local do Liceo de Rianxo, reconvertido en centro social, ascenderá a preto de oitenta e un mil euros. A Deputación da Coruña achegará o oitenta por cento do orzamento, sesenta e catro mil euros, mentres que o resto será financiado con fondos municipais.
Con esta obra darase resposta á demanda de accesibilidade que precisaba esta instalación, un inmoble de tres plantas que carecía de elevador o que dificultaba o seu uso por parte de persoas con mobilidade reducida. A eliminación das barreiras arquitectónicas era tamén requisito indispensable para que o club de xubilados poida trasladar a súa sede ó inmoble tras ter que abandonar o actual local que dispoñían situado no baixo da confraría.
Na actualidade, o edificio do Liceo está a ser empregado para a realización de talleres da UNED Senior, do Programa APEGO de Normalización Lingüística así como doutros colectivos e entidades de Rianxo.