![]()
RIBEIRA> Esta semana pechaba a campaña do polbo en toda Galicia para iniciar unha veda que se prolongará durante dous meses.
{flowplayer}barbanza/vedapolbo.flv{/flowplayer}
En Ribeira, o segundo porto galego en descargas de peixe fresco, a cifra de capturas durante os catro primeiros meses do ano situouse na metade que no mesmo período de 2011.
O descenso de capturas vén motivado pola sobreexplotación da especie que xustifica a necesidade de vedas como a iniciada o 1 de maio.
No seo do sector existe variedade de criterios. Hai quen avoga polo paro biolóxico ou ben pola veda por zonas para garantir o abastecemento do mercado e minimizar a entrada de polbo foráneo. No que todos coinciden é na necesidade de fórmulas que permitan descansar á especie para a súa recuperación.
Redacción Barbanza









