Un ribeirense entre os tripulantes do pesqueiro afundido en Cabo Verde

    naufraxioloamarsegundo100.jpgBARBANZA> Un ribeirense atópase entre a tripulación do pesqueiro afundido este domingo a oitocentas cincuenta millas das Illas Canarias.

    {flowplayer}barbanza/naufraxiolomarsegundo.flv{/flowplayer}

    O pesqueiro Loamar Segundo, propiedade dunha armadora de Vigo, afundía este domingo a oitocentas cincuenta millas deas Illas Canarias, nunha zona marítima baixo control de Cabo Verde.

    Os servizos de salvamento dese país africano recibían o aviso de emerxencia pasadas as dez da mañá, cando se iniciou o dispositivo de rescate coordinado por salvamento marítimo de España. Ó redor das cinco da tarde o mercante Navig Loucas rescatou ós once tripulantes, tres deles galegos, que se atopaban nas balsas salvavidas.

    Arestora navegan cara as Palmas de Gran Canaria a onde chegarán este xoves. Todos atópanse en bo estado de saúde a pesar da experiencia vivida.

    Redacción Barbanza