Política Social habilitará cinco novas prazas para persoas con diversidade no Barbanza

    NOIA> O concelleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou a convocatoria, nos próximos días, de 5 novas prazas para persoas con discapacidade na comarca do Barbanza. Fíxoo durante a súa visita ás novas instalacións da Asociación Misela en Noia. Rey Varela foi recibido ás portas do novo local polo alcalde de Noia, pola directiva de Misela, e pola Directora Xeral de Discapacidade da Xunta de Galicia. O conselleiro gabou o traballo que durante anos Misela, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas de Muros e Noia, leva realizando neste eido. Afirmou que o goberno galego continuará comprometéndose coa comarca no ámbito de axuda á discapacidade. O alcalde de Noia tamén valorou o traballo da Asocaición. Rey Varela continuou a súa visita coñecendo de primeira man o traballo que se fai dende Misela e os obradoiros que realizaban os usuarios,ambientados, desta volta, na Feira Medieval que esta fin de semana se celebra na localidade noiesa.