Falece electrocutado o copropietario de Gaseosas A Nosa

    gaseosasanosaaccidente.jpg BAMIO> Ó parecer o home, de 47 anos e veciño de Marín, atopábase manipulando un cadro eléctrico cando sufriu unha descarga.

    {flowplayer}images/salnes/FALECIDO_GASEOSAS_A_NOSA.flv{/flowplayer}

    Roldaban as tres e media da tarde cando a Central de Emerxencias do 112 Galicia recibía unha chamada desde a empresa Carbónica Arosana S.A., entidade que comercializa a marca de gaseosas A Nosa. Persoa da fábrica alertaba de que un dos seus traballadores sufrira un accidente laboral mentres manipulaba cableado eléctrico. Nesa chamada, os propios alertantes avanzaban da gravidade da vítima, da que apuntaban, sospeitaban que podería estar falecida. Minutos despois chegaba a Policía Local e confirmaba ó 112 os peores augurios. O home morrera.

    A pesar da confusión inicial, finalmente confirmouse de que a vítima era un dos propietarios da empresa. Tiña corenta e sete anos, era veciño de Marín e responde ás iniciais A.P.C. Segundo as primeiras informacións, o home atopábase manipulando un cadro eléctrico cando ó parecer, e por causas que se descoñecen, sufriu unha descarga eléctrica que resultou fulminante.

    Minutos despois do suceso desprazouse ó lugar persoal de Unión Fenosa e da eléctrica Elecnor para cortar o subministro eléctrico na fábrica. Tamén se mobilizaron ambulancias do 061 e Urxencias Médicas, aínda que cando chegaron, o persoal médico nada puido facer polo accidentado. Efectivos da Policía Nacional, Local E Protección Civil de Vilagarcía completaban o dispositivo.

    Tras dúas horas de espera, ó fío das cinco e cuarto da tarde chegaba ó lugar o xuíz para proceder ó levantamento do cadáver e o seu traslado para a realización da correspondente autopsia.

    Redacción Salnés