O Colexio Abrente organiza a XIX Carreira Escolar do Salnés

SANXENXO> O Colexio Abrente de Adina, en Portonovo-Sanxenxo acolle un ano máis a Carreira Escolar do Salnés: unha competición para cativos reunirá a centos de rapaces dos colexios da contorna. Amais do deporte, esta competición escolar ten un marcado caracter cultural, que se foi fraguando ano tras ano.

{flowplayer}images/salnes/carreira_escolar_salnes.flv{/flowplayer}

O Colexio Abrente é o encargado de organizar cada edición, en colaboración do Concello de Sanxenxo. Pretenden así fomentar os hábitos de vida saudables e a socialización dos veciños e veciñas desta comarca do futuro.

Todo esta listo: o venres 11 de maio, ás 9.30 da mañá comeza a entrega de dorsais e a xornada de convivencia en torno ó deporte.

 

Redacción Salnés