Castro Ratón promete suar a camiseta polos intereses da cidadanía

    ratoncandidatura100_200407.jpgVILAGARCÍA > O candidato do BNG á alcaldía de Vilagarcía, Xose Castro Ratón afirma que suarán a camiseta e que collerán o toro …

    … polos cornos para satisfacer os intereses da cidadanía. Así o dixo na presentación oficial da súa candidatura, composta por 21 persoas máis tres suplentes que Ratón definiu como ‘a mellor de Galicia’.

    ratoncandidatura200_200407.jpgDesde Santiago e mesmo desde Madrid chegaron os reforzos para o candidato á alcaldía de Vilagarcía polo BNG, Xosé Castro Ratón na presentación oficial da súa lista. Ata o auditorio municipal achegáronse os deputados autonómicos Bieito Lobeira e Carlos Aymerich, a deputada no Congreso Olaia Fernández, a Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas e os delegados provinciais de Industria, Montserrat Prado, e Daniel Pino, que por certo pecha esta candidatura. Ratón tamén contou co respaldo doutros candidatos da comarca do Salnés e de numerosos veciños que ateigaron a sala de conferencias.

    O alcaldable nacionalista destacou a cualificación, capacitación, renovación e experiencia como sinais de identidade da súa candidatura. Castro Ratón augurou que o próximo goberno de Vilagarcía se expresará en galego e en voces de mulleres do BNG, tendo en conta que leva 4 mulleres en postos de saída. O candidato indicou que con eles no goberno converterán o Concello na locomotora que tire das necesidades económicas, sociais e políticas de Vilagarcía. Fixo un avance do seu programa no que afirmou que continuarán proxectos que foron aprobados por toda a corporación como o de Luz Salgada. Iso si, deixou claro que suarán a camiseta: ‘O BNG caracterízase por coller o toro polos cornos e domar ó león salvaxe se fai falta para que os intereses da cidadanía se vexan reflectidos’.

    Redacción Salnés