Sanxenxo, capital galega nesta fin de semana do baile ‘máis viral’ das redes sociais

SANXENXO> Sanxenxo converterase dende este xoves na capital galega do West Coast Swing. Trátase dunha modalidade de baile que nos últimos anos está gañando moitos adeptos en todo o mundo. Tanto que o evento desta fin de semana en Sanxenxo vai ter un alcance internacional, con bailaríns chegados de distintas partes de Europa, América e mesmo Malaisia. Máis de 130 bailaríns pasarán esta fin de semana por Sanxenxo, nunha iniciativa que lles permitirá tamén descubri-la nosa terra e a nosa cultura.

Trátase do terceiro ano consecutivo no que Sanxenxo acollerá o Arousa Westie Fest. A cita vaise celebrar entre este xoves e o domingo, traendo ao municipio a bailaríns chegados de todo o mundo. Todos eles amantes dunha modalidade de baile que nos últimos anos foi gañando milleiros de seguidores, sobre todo grazas ao tirón das redes sociais.

En Galicia esta modalidade está tendo moito tirón. De feito, dos 130 bailaríns que van particiar neste evento, 50 son galegos.

O encontro terá lugar nas instalacións do Carlos I. Unha cita completa que mestura aprendizaxe e competición pero que busca sobre todo tecer rede.

Ademais do baile, durante a estadía haberá tempo tamén para descubri-la zona. En colaboración co concello, organizaron unha excursión cultural que inclúe, como non, unha parte gastronómica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí