![]()
RIBEIRA> Consideran que o espazo é menor que o que viñan empregando ata o de agora e que se atopa máis lonxe dos barcos.
{flowplayer}barbanza/malestarredeirosribeira.flv{/flowplayer}
Os redeiros de Ribeira levan varios días traballando nunha zona existente a carón das naves dos armadores, xunto ó paseo das Carolinas. Este novo emprazamento foilles asignado por Portos, unha vez iniciados os traballos de construción da que será a futura lonxa da localidade que se constrúe na explanada portuaria, lugar empregado ata o de agora por estes profesionais para o amaño dos aparellos. A decisión non é moito do seu agrado, pois ven reducida considerablemente o seu espazo de traballo, ó tempo que está máis alonxada da zona de amarre dos barcos.
Sen opinión
Aínda que lle comunicaron que o cambio será provisional, temen que se convirta en algo definitivo. Ademais amosaron a súa contradición porque en ningún momento tiveron en conta a súa opinión, nin no momento de ubicar a futura lonxa.
Espazo cuberto
Outra das rúas queixas radica tamén na falla dun espazo cuberto para desenvolver o seu traballo como si teñen noutros portos de Galicia. Unha vella reclamación que polo de agora aínda non obtivo resposta. Na actualidade traballan de redeiro no porto ribeirés unhas doce persoas, todos eles autónomos. O desmantelamento das distintas flotas a consecuencia dos peches dos caladoiros, a falla de negociación con outros países e mesmo a crise provocou unha redución considerable no número de barcos o que trouxo consigo tamén unha merma no número de persoas que desempeñen este traballo.
Redacción Barbanza










