O Condesa Sport congrega ós mellores do pádel mundial

CALDAS> No centro deportivo Condesa Sport de Caldas de Reis congregaranse mañá algúns dos mellores xogadores do mundo nesta disciplina, entre eles o campión do mundo Cristian Gálvez e o número 4 Maxi Grabi. Haberá partidos de exhibición, clinics e clases particulares tanto mañá pola tarde como o sábado pola mañá. O motivo: a celebración do segundo aniversario do Condesa Sport.

{flowplayer}images/salnes/TotalColasPadel_100512.flv{/flowplayer} 

A partires de mañá ás 18:30, cada un dos catro xogadores profesionais, estarán nunha pista xogando coas persoas que se acheguen ata o Condesa Sport. Para as 20:30quedará o encontro de exhibición que de seguro fará as delicias do público.

Para o sábado pola mañá tense programado a celebración dun clinic, unhas clases particulares nas que os socios mellorarán o seu xogo no pádel da man dos mellores especialistas do mundo.

Redacción Salnés