Lousame, Outes e A Pobra únense a Rede de Dinamización Lingüística

    normalizacionlinguisticalousame_100.jpgBARBANZA> O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo anunciou que son corenta e cinco os concellos que se adheriron a esta iniciativa.

     

    Na súa visita á Lousame, Anxo Lorenzo estivo acompañado pola concelleira de Educación, María Xosé Maroñas. O responsable de política lingüística do goberno autonómico explicou que a finalidade da Rede é impulsar accións de dinamización da lingua galega dende o ámbito local, no marco da colaboración entre a Xunta e os concellos.

    {flowplayer}barbanza/normalizacionlousame.flv{/flowplayer}

    Optimizar recursos

    Anxo Lorenzo incidiu en que a Rede é a mellor alternativa para optimizar os recursos, xa que as entidades locais terán acceso a un amplo abano de programas e actividades lingüísticas pero mantendo a súa autonomía para decidir cales son aquelas iniciativas que mellor se axustan as súas necesidades.

    Asemade, o secretario xeral de Política Lingüística lembrou que xa están convocadas as subvencións dirixidas ás entidades locais para fomentar o uso do galego que contan cunha dotación de 420 mil euros.

    Tamén Outes

    Posteriormente o responsable de Política Lingüística desprazaouse ata o municipio da Pobra, onde foi recibido polo alcalde, Isaac Maceiras e a concelleira de Cultura e Turismo, Encarnación González. Ca incorporación de Lousame e a Pobra, xa son tres os concellos das comarcas da Barbanza e Muros-Noia que forman parte desta Rede, dado que anteriormente xa se sumara á iniciativa o concello de Outes.

    Redacción Barbanza