![]()
BARBANZA> A reforma sanitaria aprobada polo goberno deixará sen cobertura integral a preto de dez mil inmigrantes na nosa comunidade.
{flowplayer}barbanza/reformasanitaria.flv{/flowplayer}
O decreto publicado este martes no Boletín Oficial do Estado recorta a cobertura sanitaria dos inmigrantes en situación irregular que ata o de agora tan só precisaban estar empadroados para recibir asistencia.
En Galicia, entre oito e dez mil persoas, deixarán de ter acceso a partir de setembro ós servizos sanitarios de xeito regular é só serán atendidos en Urxencias. Esta medida, coa que o goberno pretende reducir o gasto sanitario, tópase co rexeitamento da oposición e de boa parte da sociedade que considera que o dereito a atención médica debe ser universal.
Embarazadas e nenos
A excepción serán as mulleres embarazadas, que recibirán asistencia durante a xestación, e os nenos que contarán co seguimento dun pediatra. Isto en canto ós inmigrantes non comunitarios xa que os estranxeiros comunitarios con tarxeta sanitaria tan só poderán mantela afiliándose á seguridade social, ben como traballadores ou como pensionistas.
Os recortes tamén afectarán ós cidadáns españois que terán que pagar polas prestacións ortoprotésica, dietética e transporte sanitario non urxente. A porcentaxe a aboar rexerase polas mesmas normas que a prestación farmacéutica.
O goberno pretende, a través deste decreto, acabar co denominado turismo sanitario o que suporía un aforro de cincocentos millóns de euros.
Redacción Barbanza








