Mar escollerá a mellor solución para o dique de abrigo antes de fin de ano

    marogrove copia.jpg O GROVE> Así o asegurou a conselleira do Mar durante a súa visita a Porto Meloxo para supervisar a ampliación da rampa de descarga.

    {flowplayer}images/salnes/MarDiqueAbrigoGrove.flv{/flowplayer}

    A prolongación desta rampla de descarga, a rampla número un en Porto Meloxo no Concello do Grove, é unha demanda que as embarcacións bateeiras viñan solicitando. A prolongación será de 25 metros de lonxitude e 12 de anchura, de maneira que se faciliten tanto as posibilidades de atraque como as manobras de descarga. En canto á pendente, tamén se verá modificada, Portos de Galicia será o encargado de rebaixala do 9,4 por cento de pendente actual a un 5,3 por cento, o que axudará tamén a mellorar as condicións de traballo. Por último, tamén se executarán tarefas de dragaxe para eliminar os lodos dos fondos e mellorar o calado, conseguindo os 4 metros con 65 de profundidade.

    O Porto de Meloxo abriga a preto de 150 embarcacións con base nestas instalacións e que se dedican á extracción e transporte do mexillón. Estes barcos operan nunhas 300 bateas pertencentes a Asociación de bateeiros Amegrove. O orzamento para levar a cabo esta obra é de 207.000 euros e segundo dixo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, a obra debería estar rematada nun prazo de 3 meses.

    Ó mesmo tempo, neta visita ó Grove é concretamente ó Porto Meloxo a titular do mar tamén fixo referencia ás obras de ampliación do dique de abrigo. Outra demanda tamén moi importante do sector. Anunciou Quintana, en presenza tamén do Presidente de Portos de Galicia, que este organismo fixo xa un estudo das alternativas para esta ampliación e que de aquí a final de ano Portos consensuará co sector cal é a mellor opción. Unha vez decidido levarase a cabo a redacción do proxecto correspondente.

    Dende o sector recordan que esta obra de ampliación do dique de abrigo é unha necesidade primordial, posto que o actual é insuficiente para tódolos barcos que operan neste porto. Tanto é así que moitos teñen que atracar a súa embarcación noutros puntos.

    Redacción Salnés