Un instituto de Vilagarcía pioneiro en impartir a materia de Igualdade

    VILAGARCIA> O instituto de Castro Alobre, en Vilagarcía, é pioneiro en impartir unha materia optativa de Igualdade. Vinte alumnos do centro fórmanse na actualidade neste eido. Este martes asistimos a unha das súas clases. 

     

    Diferenzas entre homes e mulleres, de termos, estereotipos, tipos de violencia… todo constitúe materia para ser ensinada aos rapaces e rapazas para conseguir unha sociedade máis igualitaria. Unha iniciativa que acolleron dende este curso no IES Castro Alobre de Vilagarcía. 

     Unha materia optativa, que se ofertou este curso por primeira vez, en 1º da ESO, e que os alumnos valoran positivamente. 

    Once nenos e nove nenas que se forman nesta materia. 

    Este centro vilagarciá convertese deste xeito en pioneiro en impartir unha materia optativa, da que esperan, que se continúe impartindo nos vindeiros cursos, para concienciar aos adolescentes da importancia de conseguir unha sociedade igualitaria.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/igualdade_instituto_alobre_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/15/igualdade_instituto_alobre.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí