Os familiares piden que se renove o concerto ca Residencia Valle Inclán

    VILANOVA> Os familiares dos internos da Residencia Valle Inclán veñen de amosar a súa postura respecto á actual concesionaria Nurtime, S. L. Aseguran estar moi contentos co trato recibido pola actual empresa e manifestan a súa inquietude polo risco que corren as prazas concertadas, dependentes da Xunta. Familiares de usuarios da Residencia Valle Inclán mediaN agora no conflicto que podería deixar a este centro sen as 110 prazas concertadas que concede a Xunta de Galicia. Tralo problema de solvencia da anterior concesionaria Viaxes Silgar, a actual xestora Nurtime S.L. leva desde agosto atendendo a estes anciáns sen cobrar a parte proporcional que correspondería á Xunta. Agora ca nova saída a concurso destas prazas, os familiares piden á Consellería de Traballo e Benestar que arranxe esta situación canto antes para evitar ter que trasladar ós seus parentes. E é que os familiares están preocupados ca situación porque para os residentes o traslado de centro suporía un importante contratempo que os desorientaría e lle causaría importantes prexuízos. Estes familiares falan á favor da nova xerencia: aseguran que constataron unha importante mellora na xestión e atención ós usuarios. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/valleinclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/residencia_vilanova_271113.mp4{/flowplayer}