O PSdeG- PSOE de Sanxenxo a favor do Polígono de Nantes

    psoe_polgono100_110108_001.jpgSANXENXO > O PSdeG- PSOE de Sanxenxo, quere deixar moi claro que non está en contra do polígono industrial de Nantes…

    …nin da súa comunicación viaria ca Vía rápida do Salnés. Do que si está en contra, segundo a súa voceira, Dulcinea Aguín, e de que se pretenda enganar aos veciños con argumentos sen rigor, e acusa disto directamente ao PP.

    O PSOE de Sanxenxo ve o Polígono de Nantes como unha necesidade prioritaria, amais da súa comunicación coa Vía rápida do Salnés. Tampouco está en contra de que o polígono xere o maior número de postos de traballo posible.

    A voceira do PSOE de Sanxenxo, Dulcinea Aguín declarou que o único culpable da situación na que se encontra actualmente o polígono industrial de Nantes, é o PP.

    Directamente acusou ó anterior goberno da Xunta de Galicia, na que Núñez Feijoo era conselleiro de Política Territorial, Telmo Martín era alcalde de Sanxenxo, Catalina González primeira tenente de alcalde de este concello e a xerente de Urbanismo contratada por Martín, Encarnación Rivas.

    Segundo Aguín, todo o expediente do plan parcial é unha auténtica chapuza e non hai por onde collelo.

    Ademais, o PSOE encontrou uns planos visados o 11 de maio de 2005, e dilixenciados polo Secretario do Concello, dado fe pública de estes planos, que forman parte do expediente no que se obvia o sistema xeral viario. É dicir, aprobouse o plan parcial cuns planos, e posteriormente na aprobación definitiva, vísanse outros.

    Redacción Salnés