O primeiro pleno de 2017 en Vilagarcía soluciona debates abertos

    VILAGARCIA> O primeiro pleno de 2017 en Vilagarcía, fixo un salto no tempo para “solucionar” debates abertos no tempo. A corporación municipal rechazou que as cafeterías das casas culturais saísen a concesión como propoñía o PP, para que sexan os veciños os que exploten os bares das casas culturais. Este só foi un dos puntos tratados, pero non o único, aínda que todos eles coinciden en obter a abstención e a crítica do Partido Popular. 

     

    Primeiro pleno do 2017 en Ravella, e non por iso menos importante que o resto. Un dos acordos máis salientables do pleno ten que ver con un regulamento que o PP aprobara en solitario no 2013, no medio da polémica con asociacións veciñais e culturais do municipio, co que pretendía sacar a concesión os bares dos centros culturais. Pois ben a corporación actual descartou sacar a concurso a explotación, para que sexan os veciños os que exploten as cafeterías das casas culturais.

    Outro punto que se tratou foi o cambio de nome de dúas rúas na vila. As rúas Almirante Fontán e General Yagüe, ambas de cuño franquista, que pasarán a chamarse Luís Pando e Paratcha. Pando ademais foi nomeado fillo adoptivo e Paratcha predilecto. Os populares abstivéronse nesta votación alegando que había que “plantexar cambios de rúas que dentro dun contexto xeral”.

    Por outra parte o executivo de Alberto varela conseguiu no pleno de onte sacar a diante a Lino Mouriño como represente do concello no Porto. Un nomeamento que chegaba cos apoios do BNG, e do concelleiro díscolo de Esquerda Unida, Miguel Alves. 

    Un nomeamento no que os portavoces de Esquerda Unida e Somos Maioría admitiron “que non era a súa guerra” e por iso se abstiveron. 

    Os populares de Vilagarcía tamén se abstiveron  nesta votación. Tomás Fole cualificou a proposta do actual goberno de “crónica de una vergüenza anunciada” e insistiu que con este nomeamento se vulnera o pacto de cidade e o acordo plenario polo que se designou a un vocal do Concello do BNG e a outro do PP. Unhas críticas que o alcalde Alberto Varela rebatiu. 

    Unha elección que rematou coa confirmación de Mouriño e o descontento do Partido Popular. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_vilagarcia_movemento_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_vilagarcia_movemento.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí