Bailes infantís e concursos de filloas para celebralo Entroido

    entroido_copia100.jpgSALNÉS> Música, disfraces, manualidades, confetti e moitas sorpresas foron os ingredientes dos actos de Vilagarcía e Ribadumia. En Cambados recuperouse o concurso de Filloas.

    {flowplayer}images/salnes/ENTROIDO_FILLOAS_BAILES.flv{/flowplayer}

    Seguindo a tradición dos últimos anos, os nenos e as nenas de Vilagarcía tiveron a súa particular festa do Entroido na Praza da Peixería. Entre os ingredientes principais estiveron a música en directo, os disfraces e os obradoiros. Os pequenos tiveron a oportunidade de realizar manualidades relacionadas cos disfraces e con outras moitas cousas, así como de facer simpáticas e variadas figuriñas e formas nas actividades de globoflexia. A Concellería de Xuventude, invitou ós cativos a merendar, despois de tanta diversión hai que repoñer forzas. Distribuíronse de xeito gratuíto produtos lácteos doados polas firmas Larsa e Clesa, así como augas e refrescos, para comer as típicas orellas de carnaval.

    Tamén houbo baile en Ribadumia, no centro social de Barrantes, A música, a animación e os agasallos foron os principais alicientes da concellería de Cultura para garantir a diversión. Premiouse a orixinalidade dos disfraces, que este ano foi difícil escoller. Ademais, destes premios, houbo o sorteo de dúas bicicletas. Para que ningún neno se quedara na casa, o concello de Ribadumia puxo un transporte para recoller ós rapaces polas distintas parroquias.

    E non hai entroido que valga se as tradicionais filloas. Cambados recuperou o concurso de filloas que se celebrou no salón de Congresos e Exposicións José Peña. As cociñeiras e cociñeiros mostraron as súas habelencias culinarias optando a diversos premios. Os participantes utilizaron as súas técnicas persoais e profesionais para realizar as filloas más saborosas e que se comían ata coa vista. Na praza do Concello actuou a Sarabanda Percusión, que foi percorrendo toda a vila contaxiando a música e o baile a tódolos paseantes.

     Redacción Salnés