‘Únete á Volta’ fai parada en Ribadumia e Sanxenxo

SANXENXO> Este domingo ponse en Sanxenxo o peche ás marchas ciclistas impulsadas pola Deputación, ó amparo da empresa organizadora da Volta a España, Unipublic. O evento foi presentado pola deputada provincial Begoña Estévez e a edil de deportes Isabel González. Arrancará ás 11:00 da piscina municpal e constará dun percorrido de 7 quilómetros.

{flowplayer}images/salnes/UneteaVolta_240512.flv{/flowplayer} 

Ese será o percorrido da derradeira marcha ciclista do programa Únete a Volta, impulsado pola Deputación de Pontevedra coa colaboración de Unipublic, organizadora da Volta Ciclista a España.

A participación está aberta a tódolos públicos, a partir de oito anos. Para os máis pequenos instalaranse unha zona lúdica onde serán coidados mentres os pais realizan a marcha.

Do máis salientable para o domingo, os sorteos, que irán dende diverso material deportivo, bicicletas e incluso pases para poder presenciar dende un lugar privilexiado, a chegada da etapa da Volta que remata en Sanxenxo. Entrarán en sorteo 13 pases, tres para os pequenos e dez para os adultos.

Pola súa parte Begoña Estévez referíuse a un cambio de último hora no programa de Únete a Volta que afectará positivamente a Ribadumia, que acolle a marcha o sábado ás 18:00.

Redacción Salnés

Comments are closed.