O corte da estrada Caldas – Catoira segue despistando ós condutores

    CORTEESTRADACATOIRA copia.jpg CATOIRA> O acceso á AP-9 desde Catoira permanece pechado por mor das obras de asfaltado que está a realizar a Deputación pontevedresa.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_CORTE_ESTRADA_CALDAS.flv{/flowplayer}

    O acceso á autoestrada AP9 desde Catoira permanece pechado por mor das obras de asfaltado que está a levar a cabo a empresa Covsa, dentro da reforma promovida pola Deputación de Pontevedra. A obra é moi demandada polos usuarios que circulan pola estrada Caldas – Carracedo – Catoira a diario, unha media de catro mil vehículos. Sen embargo, para moitos condutores o corte desta vía, anunciado o pasado venres, colleunos de sorpresa.

    A gasolinera de Catoira converteuse estes días en improvisado punto de información. E é que moitos conductores non se decataron do corte da estrada ata que chegaron á mesma valla que lles impedía o paso. A principal queixa é pola falta de sinalización antes de chegar a Catoira.

    O corte da estrada manterase ata a medianoite do sábado. A Deputación está a investir case 700 mil euros nesta obra, que inclúe o pavimentado cun asfalto máis adherente, nova sinalización e a eliminación dalgúns carrís de adiantamento. O obxectivo é diminuír a sinistralidade desta estrada.

    Redacción Salnés