A Lotaría repartirá este sábado 42 millóns de euros desde Vilanova

    LOTERIAVILANOVA copia.jpg VILANOVA> O sorteo celebrarase no pavillón municipal de deportes a partir da unha da tarde.

    {flowplayer}images/salnes/SORTEO_LOTERIA_VILANOVA_070612.flv{/flowplayer}

    Un premio especial de tres millóns de euros, un primeiro de seiscentos mil, un segundo de cento vinte mil e máis de tres millóns e medio de euros en premios menores. Esta será a xeira de cartos que este sábado repartirá o Sorteo da Lotaría Nacional. Celebrarase desde Vilanova de Arousa, dentro da xira de ‘Sorteos Viaxeiros’ que Loterías e Apuestas del Estado vén realizando desde o ano 1964.

    O sorteo do sábado realizarase polo sistema de bombos múltiples desde o pavillón de deportes municipal. Comezará a unha da tarde. Emitíronse dez series de cen mil billetes cada unha a sesenta euros o billete, ou o que é o mesmo, seis euros o décimo.

    E os beneficios da Lotaría, para onde van? O setenta por cento a premios, logo hai que sufragar os gastos de administración, e o excedente vai parar ó Tesouro Público. Tamén se destinan cartos a entidades benéficas como a Asociación Española Contra o Cancro ou Cruz Vermella.

    O último sorteo da Lotaría que se celebrou na provincia de Pontevedra realizouse precisamente na capital hai pouco máis dun ano, o nove de abril de dous mil onte, coincidindo co Sorteo Especial da Cruz Vermella. Entre o ano pasado e este a Lotería deixou máis de seis millóns e medio de euros na provincia. Entre os beliscos máis suculentos, os correspondentes á Lotería de Nadal, que o pasado vinte e dous de decembro deixaron en Pontevedra capital un millón oitocentos mil euros, ou medio millón no Grove.

    Redacción Salnés