CAMBADOS> Cambados incentivará as compras no comercio local aportando 6 mil euros á campaña 3×2. A vila porá a disposición da veciñanza bonos de 30 euros a un prezo de 20. Con esta campaña, que xa tivo moito éxito nas edicións anteriores, permitirase inxectar 18 mil euros no comercio local.
O concello de Cambados en colaboración coa asociación de comerciantes Zona Centro poñen en marcha unha nova campaña 3×2. Unha promoción que permite mercar por 20 euros bonos compra cun valor de 30 euros.
O concello aportará 6 mil euros a esta promoción, o que permitirá inxectar nos comercios da zona un total de 18 mil euros.
Para incentivar as compras, ademais, o concello realizará diferentes actividades. Unha delas serán dous concertos en sesión vermú.
A campaña durará do 13 de marzo ao 15 de abril. A outra iniciativa para incentivar as compras será a de organizar actividades para os máis pequenos.
As actividades infantís serán sempre ás 6 da tarde pero cada venres cambiará de localización. A campaña dará comezo o luns trece, tanto para comprar os bonos como para empregalos. Os puntos de venda serán a sede de Zona Centro e a Inmobiliaria Juan Rey.