Portos de Galicia e Puertos de Andalucía traballarán en proxectos comúns

SANXENXO>  Portos de Galicia e Puertos de Andalucía retoman as reunións para traballar en proxectos en común. Os presidentes de ambas administracións visitaron hoxe Sanxenxo para coñecer o novo proxecto do porto de Portonovo.

Os presidentes de Portos de Galicia e de Puertos de Andalucía estanse a reunir estes días na nosa comunidade para compartir os coñecementos e experiencias de cada administración. O obxectivo é poñer en común un espazo de traballo.

O presidente do Puerto de Andalucía destacou a importancia destas reunións para comezar a traballar en proxectos que poidan beneficiar a ambas comunidades.

Para Rafael Merino todos os portos do estado deberían comezar a colaborar e potenciar a Marca España.

O  presidente do Puerto de Andalucía destacou a xestión que se está a facer nos peiraos galegos. O próximo encontro terá lugar en outubro en Andalucía.