O BNG pedirá vivendas sociais nos antigos talleres de RENFE

    renfe_100_300107.jpgVILAGARCÍA > A deputada nacionalista, Olaia Fernández Davila, pide ó Goberno que os terreos dos antigos talleres de RENFE sexan destinados a construír vivendas sociais.

    Os terreos nos que se ubican os antigos talleres foron no seu día, segundo lembra a deputada, practicamente cedidos pola comunidade veciñal do entorno de Trabanca Sardiñeira a través dunha compra simbólica. Actualmente as instalacións atópanse en estado de abandono polo que Davila entende que sería lóxico que retornasen á comunidade veciñal en forma de vivendas sociais.

    Así mesmo critica que RENFE ten a pretensión de asinar un convenio urbanístico co concello de Vilagarcía para que modifique o PXOM e se permita o uso de residencias e construccións na zona. Davila salienta tamén que o concello amosou xa en diferentes ocasións a súa intención de solicitar a cesión do espazo para poder levar a cabo a construcción de vivendas sociais polo que lle pregunta ó Goberno se RENFE está a negociar co concello un convenio urbanístico para urbanizar os terreos.

    Redacción Salnés