Os condutores de Noia aproban os cambios circulatorios

cambioscirculatoriosnoia100.jpgNOIA> As obras de saneamento que se están a acometer na zona do malecón de Noia obrigaron a unha serie de cambios na circulación.

{flowplayer}barbanza/cambioscirculatoriosnoia.flv{/flowplayer}

Unha obra tan ampla como a dotación de saneamento na zona máis próxima á ría de Noia ten loxicamente as súas complicacións. Unha delas é a regulación do tráfico posto que o peche de treitos para acometer os traballos obriga a unha serie cambios de direccións nas rúas.

A finais de maio, cando comezaron as obras, a rúa Rosalía de Castro que discorre en paralelo á alameda pasou a ser de dobre sentido baixando todo o tráfico pola costa do Ferrador.

Dado que o treito do peirao do Marqués está pechado, a maioría dos vehículos que acceden a Noia deben dirixirse cara San Lázaro polo que, dende o concello optaron por introducir un nova cambio implantando a dirección única nesta vía.

Pola contra, hai quen insiste en que os cambios non fan máis que agravar a xa de por si difícil circulación polo centro de Noia.

O certo é que a falta de sinalización e o descoñecemento, xa que os cambios acaban de introducirse, despista aínda a moitos condutores que tentan circular segundo as antigas direccións provocando constantes problemas na circulación.

Redacción Barbanza