O acordo entre PSOE e BNG leva a García Guerreo á alcaldía de Noia

sesioninvestiduranoia_100_180607.jpgNOIA > Un dos concellos nos que tamén se produciron cambios foi o de Noia. O socialista, Rafael García Guerrero, é o novo alcalde, grazas ó apoio do BNG. .

O goberno noiés estará formado a partir de agora en coalición polo Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego. O xa ex alcalde, Antonio Pérez Ínsua, só recibiu o apoio do seu grupo, insuficiente para continuar no goberno, polo que se viu obrigado a abandona-la presidencia do executivo local.

O salón de plenos noiés presentaba tamén un cheo histórico, e moita xente esperaba que se puidera producir tamén algunha que outra sorpresa. Sen embargo, o pacto asinado entre os dous partidos que forman o goberno resultou ser sólido de abondo, cumprindo así ademais o acordo a nivel autonómico ó que chegaron estas dúas formacións. Este é o momento das votacións, na que os membros do BNG aporiaron ó candidato socialista.

No seu discurso de investidura, o novo alcalde, Rafael García Guerrero, asegurou que o obxectivo do goberno bipartito será unir esforzos de cara a mellora-la situación actual do municipio, marcándose coma un dos seus principais obxectivos abrir Noia ó mar.

Redacción Barbanza