Sés, prato forte dun San Bieito de Meis aínda marcado pola pandemia

MEIS> Meis non perde a ocasión de festexa-lo seu San Bieito. Faino cunha programación adaptada a estes tempos, que se vai desenvolver do 8 ao 11 de xullo.

A programación arrancará coa presentación do novo dista das Lembranzas, Gaela, un grupo composto por dous veciños da localidade. A actuación estará apadriñada polo humista Isi. Elas, por certo, serán as encargadas de da-lo pregón, no marco do primeiro certame de bandas do Concello.

Ese acto servirá tamén de homenaxe a todas as persoas, establecementos ou colectivos que colaboraron co concello nos momentos máis duros da pandemia.

O prato forte das festas chega da man de Sés, cun concerto no Campo da Feira do Mosteiro. A actuación conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

A programación complétase co Tapacallo, unha alternativa coa que se apoia á hostalería local e que serve de alternativa á tradicional Festa dos Callos que este ano tampouco poderá ser.

Ademais, tamén haberá unha BTT, que se vai celebrar de xeito escalonado entre o 1 e o 11 de xullo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí