Boiro prepárase para acoller a presentación de ‘Cadernas de Olloboi’

BOIRO> Despois dun ano complicado por mor da pandemia, chega unha nova edición do Festival Olloboi, condiderado o certame audiovisual máis importante de Galicia no eido escolar. A cita será este vindeiro sábado na casa da Cultura de Boiro.

Non será unha gala ó uso, xa que non poderá facerse coa presencialidade que se quixera debido as restricións da covid en canto a cabida en espazos pechados. Aínda así a organización do Festival, que chega este ano a súa edición 10+1, prepara para este sábado, a partir das sete e media na Cachada, unha cita especial, onde se proxectará o documental ‘Cadernas de Olloboi’, que recolle o sentir destes anos de certame.

Dende o concello de Boiro destacaron a importancia deste festival.

Ese día tamén se fará entrega de premios a aquelas curtas que resultaron seleccionadas nas distintas categorías. Presentáronse máis de 140 traballos chegados dende toda Galicia e mesmo de universidades de Madrid e Barcelona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí