Rematou a liga. Agora a meterse na Eurocup.

baloncesto250_280408.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa non puido despedi-la temporada regular cunha victoria e caeu na casa ante o Perfumerías Avenida por oito puntos de diferencia. O que sí que gañou foi o Inelga, que pese á victoria quédase sen xogar ós playoff.

Gran partido do Extrugasa pese a caer esta fin de semana co Perfumerías Avenida, un dos grandes da Liga Feminina. As vilagarciáns fixeron unha moi boa primeira metade, ben dirixidas por Kiesha Brown e por iso chegaron a ter ata nove puntos de vantaxe no primeiro cuarto.

A partires de ahí, as salmantinas apretaron en defensa e ás locais custoulles un mundo facer canasta. Pouco a pouco as diferencias foron decrecendo para logo pasar a ser favorables ó Perfumerías, que chegaría a estar 17 arriba a fata de sete minutos, vantaxe que o final quedaríase en tan só oito, 49-57. 

O Extrugasa deberá pensar xa no encontro do mércores ante o Celta Vigourban; dous conxuntos galegos que pelexarán por unha praza que lles permita xogar o vindeiro ano a Eurocup. Será ó mellor de tres partidos; o primeiro en Vigo, o segundo o venres Fontecarmoa e no caso de ter que chegar ó desempate tería lugar o domingo de novo nas Travesas de Vigo.

Na Liga EBA, ó Inelga quedouselle corta a temporada. Son xa 11 victorias nos últimos 12 encontros, pero o triunfo do Piélagos ante o Chantada fai imposible que os vilagraciáns poidan optar ó playoff de ascenso nos dous encontros que restan. Onte impuxéronse o Galicia por 76-65 nun partido no que destacou Paco Amorós con 21 puntos.

Unha división por debaixo o Establecimientos Otero xa pensa na fase de promoción e esta semana acadaron a súa sexta victoria consecutiva a costa do Basquet Coruña por un paretado 61-60.

Redacción Salnés