Ribadumia vai acoller, por ver primeira, unha proba de Mini-BTT

RIBADUMIA> Por primeira vez, Ribadumia vai acoller unha proba de Mini-BTT. Na cita, que se vai celebrar no campo de Leiro, calcúlase que participarán máis de 300 rapaces, chegados de toda Galicia. O evento terá lugar o vindeiro 27 de maio.

Na derradeira fin de semana do mes de maio vaise celebrar aquí a quinta proba das 20 marcadas no calendario galego da Mini-BTT. Vaise celebrar aquí, nas instalacións do campo de Leiro, en Ribadumia.

Nesta actividade deportiva participarán nenos de entre 5 e 14 anos, que terán que superar diversos exercicios neste circuíto que non só inclúe o interior do recinto: os veciños da zona van colaborar co evento, permitindo que algún dos treitos se dispute en zonas de monte. Os circuítos estarán adaptados á idade dos participantes. Na proba, a organización agarda que haxa alomenos 300 participantes, aínda que no seu horizonte marcan un reto: chegar e mesmo supera-los 400 inscritos.

Para o Concello, que a localidade poida acoller  unha proba deportiva desta magnitude é todo un orgullo. Moito máis, segundo din, despois de que pasase só un ano dende a posta en marcha da escola de BTT de Ribudamia, en colaboración con Armenteira e Punto.

O evento vaise celebra-lo vindeiro día 27 de maio. Entre as 9 e as 10 poderanse formaliza-las inscricións. A primeira das probas arrancará contra as 10 e media da mañá.