800 nenos participarán na cuarta edición do Torneo de Fútbol 7 de Poio

futbolpoio_300507__100.jpgPOIO > 57 equipos e máis de 800 nenos participaran neste cuarta edición do Torneo de Fútbol 7, benxamín e alevín que celebrara…

…o Concello de Poio ós días 2 e 3 de xuño. Dúas xornadas nas que o fútbol será o gran protagonista pero que estarán colmadas de outras actividades paralelas que van dende os Karts ata os bailes de salón. A pasada edición deste torneo de fútbol 7 reuniu a máis de 2.000 espectadores. Dende o Concello de Poio esperan superar este cifra e que esta cuarta entrega do torneo supere tódalas espectativas.

Esta competición, que segundo os responsables, transcorre no mellor dos ambientes, esta centrada en equipos da provincia de Pontevedra. Ademais da importancia do fútbol outras moitas actividades farán as ledicias de nenos e maiores, Bailes, obradoiros, karts, xogos populares e obradoiros destacan entre ás actividades que se levaran a cabo esta fin de semana. Caixanova e a empresa Pescamar colaboran con este evento que ten como principal obxectivo promovelo deporte base e fomentar a deportividade.

 Redacción Salnés