![]()
PONTEVEDRA> Foi un dos asuntos abordados na primeira xuntanza da nova executiva provincial, encabezada por Santos Héctor.
{flowplayer}images/salnes/NOVA_EXECUTIVA_PSOE_130612.flv{/flowplayer}
Esta reunión ordinaria da comisión executiva provincial foi ademais o primeiro acto do novo secretario xeral dos socialistas pontevedreses. E precisamente, con este argumento xustificou a súa comentada ausencia da reunión da dirección galega do día anterior.
A nova executiva provincial analizou o desenvolvemento do congreso provincial e abordou un plan de traballo, coa creación de equipos, e asesorías xurídica, de medios de comunicación e municipal, que esta semana xa estarán funcionando. Santos Héctor explicou ademais que terán en conta as propostas do seu rival no congreso, o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey.
Na nova executiva a comarca do Salnés está representada pola portavoz do PSOE en Vilagarcía, Tania García, como nova secretaria de organización. Tamén están o alcalde da Illa, Manuel Vázquez, como secretario de Política Económica, e a portavoz do PSOE de Sanxenxo, Dulcinea Aguín, como secretaria de Turismo.
A primeira reunión da recen elixida executiva provincial serviu tamén para analizar o congreso do pasado sábado.
Inicio polémico
O novo secretario xeral do socialistas pontevedreses referiuse tamén ó insulto que o alcalde de Vigo Abel Caballero supostamente dedicou ó alcalde de Caldas durante o congreso do pasado sábado. Santos Héctor Rodríguez negouno e lembrou que o propio Caballero o desmentiu nun comunicado.
Un destacado militante da agrupación socialista da Illa remitiu unha carta ó novo secretario xeral, na que asegura que Abel Caballero lle chamou en varias ocasións paiaso ó alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, cando este rematou a súa intervención antes os delegados. Desde o PSOE da Illa querían que o asunto se tratase onte na reunión da comisión executiva provincial. Cren que como mínimo se debía abrir expediente e comprobar se esas manifestacións son certas. Lembran que os estatutos do partido recollen sancións para este tipo de conductas, inda que piden que, alomenos, o alcalde de Vigo pida disculpas a Juan Manuel Rey.
Redacción Salnés









